16 NOVEMBRO – WEBMINARIO OPI – ANÁLISE DE XÉNERO NO ÁMBITO EUROPEO DA INVESTIGACIÓN

A Oficina de Proxectos Internacionais (OPI) da OTRI convida a toda a comunidade universitaria ao webminario “Inclusión da análise de xénero no ámbito europeo da investigación“, que terá lugar o vindeiro 16 de novembro.

A inclusión da perspectiva de xénero na investigación e a innovación é un compromiso firme da Comisión Europea, sendo un tema transversal presente tanto no programa marco H2020, que está a chegar a súa fin este ano, como no novo programa HORIZONTE EUROPA (HE), que terá unha duración de sete anos (2021-2027).

Neste webminario, Capitolina Díaz, Catedrática de Socioloxía de Xénero, e Paz Ruíz, Xestora de Proxectos Europeos, ambalas dúas da Universitat de València, debatirán sobre a importancia dos aspectos de xénero na investigación abordados desde as diferentes disciplinas, facendo fincapé nos programas de financiamento europeos e nos requerimentos que establece a propia Comisión.

  • DATA: 16 de novembro de 2020.
  • HORARIO: De 12.00h a 14:00h.
  • LUGAR: Online (vía TEAMS)

A asistencia é libre, mais cómpre facer unha inscrición. Inscricións até o 15 de novembro.



Aquí poderás atopar o material empregado polas poñentes:

 

 

 


Mais recursos:

 

 


 

Actividade cofinanciada polo Ministerio de Ciencia e Innovación