4 de xullo – Xornada de Presentación dos InTalents

Xornada de “Presentación dos InTalents”. Nesta xornada presentarase ao persoal investigador contratado a través do Programa InTalent que xa se ten incorporado á UDC, así como as súas principais liñas de investigación.

  • Título: “Presentación dos InTalents”
  • Día: 4 de xullo de 2018
  • Horario: de 10:00 a 12:00 h
  • Lugar: Salón de actos do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas – CICA. As Carballeiras, s/n, Campus de Elviña
  • Ponentes: contaremos coa presenza de Elena Pazos Chantrero, José Antonio Cortés Vázquez e Ana Rey Rico.

Solicítase confirmación de asistencia antes do 3 de xullo no teléfono 881 01 5580 ou ben no correo electrónico cica@udc.es

O Programa InTalent UDC-Inditex é un programa de colaboración entre a UDC e Inditex para a contratación durante un período máximo de tres anos de investigadores posdoutorais con proxección e ampla traxectoria internacional. A través de InTalent búscase a xeración, retención, recuperación e captación de talento investigador co obxectivo de crear tecido científico e investigador de excelencia.