CONVOCATORIA ABERTA: 2ª Edición programa TRANSFIRE UDC de apoio á transferencia do coñecemento

A Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e transferencia, a través da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI), pon en marcha a 2ª edición do Programa Transfire-UDC, unha iniciativa de apoio á transferencia dos resultados de investigación e as tecnoloxías desenvolvidas pola comunidade investigadora da UDC ao tecido produtivo e a sociedade.

 

Con este programa de apoio preténdese:

  1. Identificar os resultados de investigación da comunidade investigadora.
  2. Poñer en valor o coñecemento (mesmo no caso dos resultados que se atopen nun grado de madurez inicial).
  3. Despexar incerteza acerca das posibilidades de transferencia.
  4. Achegar soporte, recursos e asesoramento personalizado nos aspectos claves do proceso de maduración e transferencia á sociedade.

 

O programa Transfire-UDC consta de dúas modalidades en función da madurez dos resultados de investigación presentados:

  • MODALIDE A – ANTICIPATEC: Dirixida a resultados de investigación que se atopen nunha fase inicial de desenvolvemento.
  • MODALIDADE B – VALORIZATEC: Orientada a ofrecer un programa de apoio ás ideas innovadoras que xa teñen certo grao de madurez.

 

Podes atopar información relativa a criterios de elixibilidade, prazo de presentación de solicitudes e anexos nas seguintes ligazóns:

Para calquer consulta podes chamar ao teléfono 881 01 5781 ou enviar un correo a valorizacion.otri@udc.gal