CONVOCATORIA DE ACCESO AO VIVEIRO DE EMPRESAS DA UDC

A Universidade da Coruña (UDC) informa da apertura dunha nova convocatoria para cubrir espazos dispoñibles no Viveiro de Empresas, situado no Edificio de Servizos Centrais de Investigación, Campus de Elviña (A Coruña).

O Obxecto desta convocatoria é fomentar a cultura emprendedora e facer realidade a creación e consolidación de iniciativas innovadoras. O Viveiro está á  disposición de ideas de proxectos empresariais sen constituír ou empresas de recente constitución creadas por membros da comunidade da UDC.

  • Número de espazos libres: 2 despachos.
  • Benificiarios: alumnado, titulados pola UDC nos últimos cinco anos, persoal docente e investigador e de administración e servizos.
  • Data límite de presentación de solicitudes: ata o 20 de novembro de 2019

Máis información no seguinte enlace: