O Programa LIFE, creado en 1992, é o único instrumento financeiro da Unión Europea, dedicado, de forma exclusiva, ao medio ambiente, natureza e a acción polo clima.
O obxectivo xeral de LIFE é contribuir ao cambio cara unha economía limpa, circular eficiente enerxéticamente, baixa en carbono e resistente ao cambio climático, tamén a través da transición cara enerxías limpas, a protección e mellora da calidade do medio ambiente e frear e reverter a perda de biodiversidade. O principal impacto de LIFE é indirecto, a través do seu papel catalizador no apoio a proxectos a pequena escala facilitando o seu desenvolvemento e mobilizando financiamento doutras fontes. Ata a data cofinanciáronse máis de 5.400 proxectos en toda a Unión Europea.
O programa apoia a aplicación da lexislación pertinente da UE e o desenvolvemento das prioridades políticas cofinaciando proxectos con valor engadido europeo. En xuño 2018, a Comisión Europea presentou unha proposta para o novo regulamento LIFE como parte do Marco Financeiro Plurianula (MFP) 2021 -2027 cunha dotación de 5.450 millóns de euros.
A finais de 2021 a Comisión aprobou un novo paquete de investimentos de máis de 290 millóns de euros para 132 novos proxectos no marco do programa. Este financiamento comunitario mobilizará un investimento total de 562 millóns de euros, con proxectos en case todos os Estados membros da UE. Os novos proxectos LIFE axudarán a facer de Europa un continente climáticamente neutro para 2050, recuperar a biodiversidade europea para 2030 e contribuír á recuperación verde da UE despois do Covid-19.