PROCEDEMENTO PARA A CONVOCATORIA DE CONSOLIDACIÓN INVESTIGADORA – UDC

            Simbolo_logo_cor

Con data 3 de novembro de 2022, vén de acordarse o procedemento interno da UDC respecto da convocatoria de Consolidación Investigadora promovida pola Axencia Estatal de Investigación. Así pois, todas as solicitudes deberán rexerse polo devandito procedemento, excluíndose automaticamente a totalidade das candidaturas que non conten co visto e prace da Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia ou non sexan presentadas en tempo e forma.

A continuación poden acceder ao documento oficial sobre o procedemento, onde se detallan os aspectos a ter en conta para a presentación de candidaturas no marco da convocatoria de consolidación:

PROCEDEMENTO CONSOLIDACION INVESTIGADORA UDC

Poderán consultar calquera dúbida mediante o envío dun correo electrónico á dirección ciencia.excelente.otri@udc.es ou ben por vía telefónica, chamando á extensión 5706.