Resolución da 1ª convocatoria do Programa Transfire- UDC. Modalidade Valorizatec

O pasado día 11 de febreiro publicouse a primeira convocatoria do Programa Transfire-UDC na súa modalidade VALORIZATEC, habilitando un prazo para que a comunidade investigadora da UDC puidese presentar as súas propostas.

Tal e como dispoñen as bases do Programa, a modalidade Valorizatec persigue ofrecer apoio á proxectos ou ideas innovadoras que xa contan cun certo grao de madurez, concretando en desenvolvementos dirixidos á unha necesidade ou oportunidade de transferencia significativa baseados en resultados de investigación, coñecemento, innovacións tecnolóxicas ou servizos que se atopen en fase de proba conceptual ou evidencias nunha contorna relevante ou real.

Esgotado o prazo máximo de avaliación, a Comisión de Avaliación creada na OTRI decide publicar o día 7 de xuño a resolución coas propostas seleccionadas.