6 xuño – Xornada «Oportunidades en Proxectos Internacionais para as áreas de Humanidades e Ciencias Sociais»

                                               

 

O vindeiro luns 6 de xuño terá lugar a xornada informativa «Oportunidades de participación en proxectos europeos nas áreas de Humanidades e Ciencias Sociais«, organizada pola OTRI en colaboración con Campus Innova e a Facultade de Filoloxía.

A xornada terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, e está destinada á comunidade investigadora das áreas de Humanidades e Ciencias Sociais, así como de aquelas disciplinas transversais ás mesmas.

O Programa da xornada é o seguinte:

 

11.00 PRESENTACIÓN DAS XORNADAS 

Susana Ladra (Directora de Campus Innova) e José Mahía (Director da OTRI)

11.10. INTRODUCIÓN 

Xosé Manuel García (OTRI)-   Isto non é para nós?

11.20. BUSCA, IDENTIFICACIÓN E PRIORIZACIÓN DE OPORTUNIDADES 

Elena Solera (OPI-Promoción)- Definición da estratexía de participación no Horizonte Europa: onde buscar e como identificar a mellor oportunidade para a miña idea de proxecto 

12.30. PAUSA CAFÉ 

12.50. O APOIO DA OTRI 

Valérie Bruynseraede (OPI-Xestión) – Servizos prestados pola OPI para a xestión económico-financeira de proxectos 

Santiago Cernadas (OPI-Promoción) – Servizos prestados pola OPI para a promoción de propostas competitivas  

13.20. PREGUNTAS E RESPOSTAS 

13.30. CONCLUSIÓN DA XORNADA E COMEZO DAS REUNIÓNS BILATERAIS

 

A xornada será tamén retransmitida en streaming a través da seguinte ligazón, aínda que aconséllase preferentemente a participación presencial.

Prevese tamén a celebración de encontros bilaterais co equipo técnico da OTRI con aqueles membros dos grupos de investigación que teñan intención de presentarse a algunha convocatoria en concreto, ou unha idea de proxecto.

A inscrición pode realizarse enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: ciencia.excelente.otri@udc.gal, antes do 2 de xuño de 2022.

Se se desexa manter unha reunión bilateral cos técnicos da OTRI posterior á finalización da xornada, cómpre indicalo tamén no correo de inscrición co obxectivo de asignar unha hora de atención.