PROCEDEMENTO PARA A CONVOCATORIA DE CONSOLIDACIÓN INVESTIGADORA – UDC

            Simbolo_logo_cor

Con data 11 de xullo de 2023, vén de acordarse o procedemento interno da UDC respecto da convocatoria de Consolidación Investigadora promovida pola Axencia Estatal de Investigación. Así pois, todas as solicitudes deberán rexerse polo establecido neste documento, excluíndose automaticamente a totalidade das candidaturas que non conten co visto e prace da Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia ou non sexan presentadas en tempo e forma.

A continuación poden acceder ao documento oficial sobre o procedemento, onde se detallan os aspectos a ter en conta para a presentación de candidaturas no marco da convocatoria de consolidación:

PROCEDEMENTO CONSOLIDACION INVESTIGADORA UDC

Lémbrase que as candidaturas deberán ter en conta os requisitos de elixibilidade establecidos pola convocatoria.

Poderán consultar calquera dúbida mediante o envío dun correo electrónico á dirección ciencia.excelente.otri@udc.es ou ben por vía telefónica, chamando ás extensións 5706 (Santiago Cernadas) ou 5783 (Sonia Carné).