A Universidade da Coruña conta cun amplo persoal de profesionais investigadores especializados en diversos sectores económicos. O traballo destes investigadores xerou unha serie de resultados de investigación con aplicación no mercado e listos para poder ser transferidos á sociedade.
A OTRI, xunto cos investigadores, puxo a punto o Catálogo de Oferta Tecnolóxica da Universidade da Coruña, onde se poden visualizar os resultados desenvolvidos nesta universidade: patentes, software, servizos de I+D ou calquera outro resultado de investigación.
Calquera empresa, entidade ou inversor con interese en coñecer a nosa oferta tecnolóxica ou algún grupo de investigación co que colaborar, por favor contacte con nós.
Así mesmo, a Universidade da Coruña conta con diversas bases de datos e documentación promocional, onde se poderá consultar máis detalladamente o persoal investigador da universidade e as súas liñas de investigación.
This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.
Strictly Necessary Cookies
Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.
If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.