A través da OTRI xestiónanse as patentes realizadas polo profesorado no ámbito das súas funcións docentes e investigadoras, correspondendo a súa titularidade á universidade, segundo a Lei 24/2015, de 24 de xullo, de Patentes/
Prestamos apoio nos seguintes aspectos:
- Xestión e asesoramento sobre a protección de resultados de investigación
- Documentación sobre propiedade industrial: normativas, leis, directivas, etc…
- Tramitación de solicitudes de patentes e software
- Explotación de resultados: contratos de transferencia de tecnoloxía, contratos de licenzas de explotación e contratos de know-how
Se vostede desexa comunicar un resultado, que considera susceptible de ser protexido, deberá cumprimentar a seguinte “Comunicación de Resultados de Investigación (CRI)” e remitila á OTRI no menor prazo posible e sempre antes de publicar ou difundir calquera información relacionada co fin de evitar a perda de novidade.
Recomendamos a lectura do “Protocolo de actuación de protección de resultados de investigación”.