A creación de empresas de base tecnolóxica de iniciativa universitaria, comunmente coñecidas como spin-off, estase consolidando como un novo mecanismo de transferencia do coñecemento xerado polos grupos de investigación e o resto da comunidade universitaria cara á sociedade. A través deste tipo de iniciativas, a Universidade da Coruña asume un papel máis dinámico e activo no funcionamento do sistema de innovación.
É por isto que se desenvolveu o Regulamento de creación e recoñecemento de empresas da UDC, a través do cal articúlase a creación e a posibilidade de participación por parte da UDC en empresas baseadas en coñecemento e resultados de investigación.
