Como servizo dentro da OTRI, a Unidade de Apoio a Proxectos Europeos de I+D presta apoio ao persoal vinculado á UDC no desenvolvemento e xestión de proxectos europeos de I+D/

Misión

Ofrecer un apoio directo na preparación e xestión de proxectos europeos de I+D. Fomentar a participación do persoal investigador da UDC en programas europeos de I+D a través de actividades informativas e formativas.

Visión

Chegar a obter unha maior participación de grupos de investigación da UDC en programas europeos de I+D (como socios ou coordinadores). Dispoñer dun protocolo de xestión e xustificación de documentos áxil e flexible para unha excelente xestión económica dos proxectos.