A Universidade da Coruña ten entre os seus obxectivos prioritarios o desenvolvemento profesional dos membros da comunidade universitaria. Como un labor de apoio aos emprendedores e ás emprendedoras, a UDC pon á disposición da comunidade universitaria o seu Viveiro de Empresas como un espazo enfocado a fomentar e estender a cultura emprendedora e a facer realidade a creación e consolidación de iniciativas innovadoras.
