Desde a OTRI apoiamos ao investigador na procura dunha saída comercial para os resultados de investigación alcanzados, así como da axuda necesaria para orientar as liñas de investigación do grupo ás necesidades actuais do mercado. Se é investigador e se atopa nunha destas situacións, por favor contacte con nós.

Podemos prestar asesoramento en cuestións de estratexia, promoción, visualización, comercialización, negociación de licenza ou cesión de patentes, etc.../

Programa Transfire-UDC/

Transfire-UDC é un programa creado pola OTRI para identificar e poñer en valor os resultados de investigación xerados por investigadores da UDC, con independencia da área de coñecemento e eido de aplicación do resultado.

 

Con este programa de apoio  preténdese:

  1. Identificar os resultados de investigación da comunidade investigadora.
  2. Poñer en valor o coñecemento (mesmo no caso dos resultados que se atopen nun grado de madurez inicial).
  3. Despexar incerteza acerca das posibilidades de transferencia.
  4. Achegar soporte, recursos e asesoramento personalizado nos aspectos claves do proceso de maduración e transferencia á sociedade.