Existen convocatorias, tanto no ámbito nacional como no europeo, que posibilitan que investigadores internacionais realicen os seus proxectos en entidades como a Universidade da Coruña. Por este motivo, a UDC quere facer extensivo o seu programa de apoio á ciencia excelente a todas aquelas convocatorias de financiamento de proxectos individuais que supoñan unha aposta pola investigación de calidade e que poidan supoñer un paso significativo na carreira científica.
Por tanto, a UDC pretende dar apoio á presentación de propostas, así como ao posterior desenvolvemento dos correspondentes proxectos nos seus centros, en diferentes convocatorias.
