A UDC
A TÚA COLABORADORA EN INNOVACIÓN

Na OTRI estamos convencidos de que a xeración de coñecemento e a súa aplicabilidade son elementos fundamentais para o progreso dunha sociedade. Cremos firmemente na capacidade do triángulo do coñecemento (Investigación e tecnoloxía/ Educación superior/ Industria e negocio) para impulsar a competitividade.

 

Traballamos para achegar á sociedade e ao ecosistema empresarial os resultados da investigación que se producen na UDC. Contamos cunha traxectoria de case trinta anos transferindo coñecemento. Para elo dispoñemos dun equipo técnico cualificado e inmerso na realidade empresarial, quen de acompañarte na túa relación coa UDC.

 

Existe unha ampla gama de instrumentos para canalizar a colaboración coa UDC e desde a OTRI podémosche asesorar sobre o formato máis axeitado para o teu caso.

POR QUE COLABORAR COA UDC?

  • Porque a UDC é un centro de coñecemento e un dinamizador socio-económico de primeiro nivel.
  • Porque a UDC é un motor de Innovación e competitividade.
  • Porque a investigación que leva ao cabo a UDC adáptase as necesidades da túa compañía.
  • Porque abrangue todas as áreas de coñecemento.
  • Porque conta con infraestruturas, medios avanzados e altas capacidades para o desenvolvemento de ensaios, analíticas, tests e probas de
  • Porque posúe centros de investigación avanzada con especialización nas áreas TIC, biomédica, biotecnolóxica, medioambiental e de materiais, edificación e obra civil e industrial e politécnica.
  • Porque conta con tres campus de especialización interdisciplinares dedicados aos ámbitos industrial, innovador e de sustentabilidade.
  • Porque posúe un avanzado grao de internacionalización e conta cunha oficina especializada na captación de financiamento internacional.
  • Porque a UDC está perto de ti.

XERANDO IMPACTO

Contratos anuais

Convenios e contratos de investigación

Millóns de euros

  • Máis de 300 contratos anuais para o desenvolvemento de proxectos con empresas e outros organismos.
  • Máis de 2.800 convenios e contratos de investigación coa industria e organismos públicos.
  • Máis de 70 millóns de euros desde 2006 como resultado destas colaboracións.
  • 12 spin-off participadas.
  • Máis de 140 proxectos de I+D en convocatorias competitivas internacionais.
  • Máis de 20 millóns de euros procedentes dos proxectos internacionais financiados nos últimos anos.
  • A investigación da UDC ten resolto problemas e provisto necesidades avanzadas para o ecosistema empresarial.
  • A UDC desenvolve e atrae talento para suplir a demanda de perfís técnicos de calidade das empresas.
  • A UDC contribúe á dixitalización e innovación dos procesos das organizacións.
  • A UDC crea valor para a sociedade
  • A UDC xera impacto na sociedade, contribuíndo á mellora da túa competitividade.

COMO PODEMOS AXUDARTE?

  • Contratando a realización de traballos de carácter científico, técnico ou artístico, así como o desenvolvemento de ensinanzas de especialización ou actividades específicas de formación.
  • Participando en convocatorias públicas para o financiamento de proxectos de investigación conxuntos.
  • Poñendo a túa disposición os resultados de investigación para a súa explotación mediante acordos de licenza de tecnoloxías producidas na UDC.
  • Deseñando contigo un proxecto de investigación á medida das túas necesidades.
  • Ofrecendo oportunidades para o financiamento de liñas de investigación do teu interese.
  • Contribuíndo á materialización da estratexia de RSC da túa compañía.
  • Contribuíndo á túa internacionalización mediante a participación en proxectos europeos e globais.
  • Realizando os teus ensaios, probas, tests e validacións de produto aproveitando os equipos de última xeración existentes nas nosas instalacións e laboratorios.
  • Conseguindo oportunidades de investimento nas empresas creadas na Universidade da Coruña.
  • Creando unha Cátedra ou Aula dedicada a unha área temática do teu interese, que leve o nome da túa compañía.

FALAMOS?

Na OTRI queremos coñecerte. Cóntanos cal é a túa necesidade, e buscaremos o formato idóneo para materializar a túa colaboración coa UDC.

TELÉFONO

+34 881 01 2692 

CORREO ELECTRÓNICO

OTRI.INNOVACION@UDC.ES