Obxectivos/
As convocatorias de axudas para patentes procuran promocionar a protección de resultados de investigación, tanto a través de solicitudes de novas patentes nacionais ou no exterior como da extensión internacional de patentes solicitadas no territorio español.
Conceptos subvencionables/
- Custos relacionados coas actuacións por parte dun axente da propiedade industrial para a presentación da solicitude (elaboración ou revisión da memoria, reivindicacións, etc.)
- Custos relacionados con estudos de patentabilidade
- Taxas de solicitude de patentes no exterior (novas patentes ou extensión de patentes nacionais) ou en España, de ser o caso
- Gastos relacionados coa evolución da solicitude de patente (accións oficiais, informes e outros)
- Taxas de mantemento de patentes a nivel internacional
- Poderase considerar calquera outro gasto relacionado coa protección de resultados
Véxase apartado “5. Compensación de gastos asociados á tramitación de patentes”