O principal obxectivo do Consello Europeo de Investigación (ERC) é fomentar a investigación de alta calidade en Europa financiando proxectos a longo prazo mediante convocatorias competitivas/
As ERC Grants apoian a investigadores individuais de calquera nacionalidade e idade que desexen continuar a súa investigación en Ciencia Excelente
Starting Grants (StG)/
As Starting Grants están deseñadas para apoiar a investigadores excelentes en posesión do título de doutor cunha antigüidade de entre 2 e 7 anos e que estean empezando a súa propia liña de investigación independente e queiran formar o seu propio equipo.
Convocatoria actual: ERC-2023-StG
Data apertura: 12 xullo 2022
Data peche: 25 outubro 2022
Consolidator Grants (CoG)/
As Consolidator Grants están deseñadas para apoiar a investigadores excelentes en posesión do título de doutor cunha antigüidade de entre 7 e 12 anos e que estean consolidando o seu propio equipo e liña de investigación independente.
Convocatoria actual: ERC-2023-CoG
Data apertura: 28 setembro 2022
Data peche: 2 febreiro 2023
Advanced Grants (AdG)/
As Advanced Grants están deseñadas para apoiar a investigadores excelentes sénior con polo menos 10 anos de experiencia e que presenten propostas innovadoras, ambiciosas e na fronteira do coñecemento.
Convocatoria actual: ERC-2023-AdG
Data apertura: 8 decembro 2022
Data peche: 23 Maio 2023
Synergy Grants (SyG)/
As Synergy Grants convócanse co obxectivo de apoiar a un pequeno grupo, conformado como mínimo de 2 IP e máximo de 4, para que traballen conxuntamente en proxectos de investigación e aúnen forzas na resolución de problemas.
Convocatoria actual: ERC-2023-SyG
Data apertura: 13 xullo 2022
Data peche: 8 novembro 2022
