O principal obxectivo do Consello Europeo de Investigación (ERC) é fomentar a investigación de alta calidade en Europa financiando proxectos a longo prazo mediante convocatorias competitivas/

As ERC Grants apoian a investigadores individuais de calquera nacionalidade e idade que desexen continuar a súa investigación en Ciencia Excelente

Starting Grants (StG)/

As Starting Grants están deseñadas para apoiar a investigadores excelentes en posesión do título de doutor cunha antigüidade de entre 2 e 7 anos e que estean empezando a súa propia liña de investigación independente e queiran formar o seu propio equipo.

Convocatoria actual: ERC-2022-StG

Data apertura: 23 setembro 2021

Data peche: 13 xaneiro 2022

Próxima convocatoria: ERC-2023-StG (Abrirá 12 xullo 2022)

Consolidator Grants (CoG)/

As Consolidator Grants están deseñadas para apoiar a investigadores excelentes en posesión do título de doutor cunha antigüidade de entre 7 e 12 anos e que estean consolidando o seu propio equipo e liña de investigación independente.

Convocatoria actual: ERC-2022-CoG

Data apertura: 19 outubro 2021

Data peche: 17 marzo 2022

Próxima convocatoria: ERC-2023-CoG (Abrirá o 28 setembro 2022)

Advanced Grants (AdG)/

As Advanced Grants están deseñadas para apoiar a investigadores excelentes sénior con polo menos 10 anos de experiencia e que presenten propostas innovadoras, ambiciosas e na fronteira do coñecemento.

Convocatoria actual: ERC-2022-AdG

Data apertura: 20 xaneiro 2022

Data peche: 28 abril 2022

Synergy Grants (SyG)/

As Synergy Grants convócanse co obxectivo de apoiar a un pequeno grupo, conformado como mínimo de 2 IP e máximo de 4, para que traballen conxuntamente en proxectos de investigación e aúnen forzas na resolución de problemas.

Convocatoria actual: ERC-2022-SyG

Data apertura: 15 xullo 2021

Data peche: 11 novembro 2021

Próxima convocatoria: ERC-2023-SyG (Abrirá 13 xullo 2022)