Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI)
A Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) creouse en 1991 como un organismo de Interface entre a Universidade e a Empresa. O seu obxectivo fundamental é favorecer as relacións entre os dous sectores, promovendo a transferencia da oferta científico técnica universitaria ao sector produtivo.
Co fin de achegar a oferta tecnolóxica á demanda empresarial os nosos obxectivos prioritarios son:
- Identificar oferta e demanda entre os resultados transferibles xerados polos investigadores e as necesidades potenciais de I+D das empresas co fin de establecer colaboración.
- Asesorar aos investigadores na comercialización de resultados de investigación, elaboración de contratos, propostas de proxectos de I+D+i, tramitación de patentes, creación de empresas de base tecnolóxica e demais xestión de apoio á transferencia.
- Asesorar ás empresas na procura de solucións ás súas demandas tecnolóxicas e información sobre financiamento para a elaboración de proxectos de I+D en España e en Europa.