Xornada formativa “Aspectos Financeiros do Programa H2020″, organizada pola OTRI da UDC, que será impartida por persoal da empresa CET Auditores.
A Universidade da Coruña contempla como unha das liñas de actuación do seu Plan Estratéxico UDC 2020 o fomento e apoio do acceso ao financiamento internacional para investigación.
H2020 é o Programa Marco da Comisión Europea que achega maiores oportunidades de financiamento no ámbito da I+D, se ben esa gran dotación de fondos leva aparellada unha elevada complexidade en termos de xustificación financeira.
Co presente seminario, desde a OTRI pretendemos achegar información relevante para a correcta elaboración dun orzamento desde cero e debullar as partidas que o integran, ao obxecto de facilitar unha axeitada xustificación posterior do Proxecto.
- Día: 24 de outubro de 2018
- Horario: de 9:00h a 18:30h
- Lugar: Aula 2.01 do Edificio da Área Científica (detrás da Facultade de Informática e a ETS Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos), Campus de Elviña.
Aforo limitado por orde de inscrición: Solicítase confirmación de asistencia por medio dun correo electrónico dirixido ao enderezo otri.aula@udc.gal antes das 14:00 horas do día 23 de outubro de 2018.
Serviráse un xantar de pé ás 14:30, para optimizar o aproveitamento da xornada. Prégase que na inscrición confirmen a súa intención de asistir ao mesmo.