As vantaxes que ofrece a UDC como institución de acollida para os investigadores beneficiarios das ERC grants poden resumirse en tres grandes apartados/
OPORTUNIDADE CIENTÍFICA
Malia a súa mocidade, a UDC conta con numerosos investigadores destacados nas súas áreas de investigación. Dispón ademais dun parque tecnolóxico con diferentes centros de investigación e institutos universitarios que cobren un amplo abano de campos do coñecemento.
OPORTUNIDADE SOCIAL
A UDC estrutúrase nos campus universitarios da Coruña e Ferrol. Ambas cidades son enclaves acolledores e abertos ao mar, cun clima agradable ao que é doado adaptarse.
OPORTUNIDADE ECONÓMICA
É unha universidade cunha economía saneada e que promove o uso eficiente dos seus recursos desde o punto de vista tanto económico como ambiental.
A UDC ten como finalidade contribuír ao avance cultural, social e económico da sociedade mediante a xeración, xestión e difusión da cultura e o coñecemento científico, tecnolóxico e profesional. Segundo o seu plan estratéxico, concibe a súa misión como un servizo público e de calidade.
A UDC é unha universidade nova (en 2014 celebrou o seu 25 aniversario) e dinámica, que está na procura constante de novas oportunidades de mellora. É unha institución pública que aposta pola calidade na súa investigación e nos seus servizos.

HR Excelencia en Investigación
Como parte do compromiso de atraer o mellor talento investigador, a Universidade da Coruña, en setembro de 2016, adheriuse á Carta europea de investigadores e ao Código de conducta para a contratación de investigadores (C&C). Estes establecen os dereitos e obligacións dos investigadores e as institucións que os empregan e financian a aplicar procedementos de contratación transparentes e xustos. O C&C contén en total 40 principios que se agrupan en 4 bloques: Aspectos Éticos, Reclutamento, Condicións de traballo e Formación.
A correcta aplicación do C&C fai as institucións máis atractivas para os investigadores, mellorando tamén o atractivo dos sistemas de investigación nacionais, e contribuíndo ao desenvolvemento do mercado laboral europeo e a consolidación do Espazo Europeo da Investigación.
A Universidade da Coruña obtivo o selo de calidade “HR Excellence in Research” o 7 de xuño de 2017 e o 8 de xullo de 2019 recibiu de EURAXESS unha avaliación favorable das medidas de implementación do selo, na súa fase intermedia (Implementation Phase Interim Assessment).
O selo “HR Excellence in Research” ofrece recoñecemento público ás institucións de investigación que progresaron no aliñamento das súas políticas de recursos humanos cos principios definidos no C&C. As institucións xa recoñecidas teñen o dereito de empregar o selo para destacar o seu compromiso de implementar procedementos transparentes de contratación e avaliación de investigadores.
Toda a información pódese consultar na web da UDC.