A Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación da Universidade da Coruña está comprometida coa calidade en tódolos aspectos. Co ánimo de prestar o mellor servizo público, a OTRI quere establecer vías de comunicación eficaces que conecten os servizos prestados coas persoas usuarias dos mesmos. As queixas, suxerencias ou felicitacións teñen como finalidade a mellora da eficacia, eficiencia e calidade das actividades da OTRI e incrementar a satisfacción de investigadores, empresas ou institucións.

 

Pode empregar o buzón calquera persoa, sexa ou non membro da Comunidade Universitaria da UDC. Este buzón non recolle as consultas que os usuarios poidan realizar sobre calquera ámbito da actividade universitaria alleo á OTRI, debendo estas tramitarse a través dos diferentes puntos de información ou de contacto da UDC.

 

Para que unha queixa, suxerencia ou felicitación sexa admitida, deben figurar os datos identificativos da persoa ou persoas que a presentan e deben estar suficientemente motivadas.

 

A Dirección da OTRI será a responsable da coordinación e seguimento do buzón. A Dirección da OTRI asume o compromiso de, se é posible, solucionar a queixa, incorporar á suxerencia ao correspondente proceso ou transmitir a felicitación ao persoal implicado.

ENVÍANOS A TÚA QUEIXA, SUXERENCIA OU FELICITACIÓN