O pasado 13 de setembro abriu a 5ª edición do Fondo MIT Spain-INDITEX para a Circularidade.
O fondo, constituido por INDITEX, financia proxectos de colaboración entre o MIT (Baixo o seu formato MISTI Global Seed Fund) e Universidades e institucións de investigación sen ánimo de lucro españolas.
Os proxectos a financiar deben ter como obxectivo iniciativas de reciclaxe ou transformación, ou creación de fibras téxtiles mediante novos métodos non contaminantes, ou a partir de residuos, ou calquera outra iniciativa sostible relacionada coa economía circular na industria téxtil.
O prazo para a presentación de propostas remata o 13 de decembro de 2021.
A Universidade da Coruña ten conseguido en anteriores convocatorias dúas axudas no marco deste Fondo, polo que animamos a toda a comunidade universitaria a participar.
As propostas de investigación que resulten seleccionadas serán comunicadas en abril de 2022, e os fondos percibiranse ao longo do período de investigación entre maio de 2022 e xaneiro de 2024.
Na seguinte documentación podes consultar as características do fondo e unha pequeña guía de instrucións, formularios e contacto para poder presentar a túa candidatura: