Programa Marco Horizonte Europa
Horizonte Europa é o programa marco de investigación e innovación (I+I) da Unión Europea (EU) para o período 2021-2027. O Programa Horizonte Europa, igual que o seu predecesor Horizonte 2020, será o instrumento fundamental para levar a cabo as políticas de I+D+i da UE. O obxectivo xeral do programa é conseguir un impacto científico, tecnolóxico, económico e social dos investimentos da UE en I+I, reforzando así as súas bases científicas e tecnolóxicas e promovendo a competitividade de todos os Estados membros.
Cun orzamento de 95.517 millóns de euros para este período de sete anos, Horizonte Europa será o Programa Marco con maior orzamento ata a data, tendo potencial para xerar importantes beneficios económicos, sociais e científicos. Estímase que Horizonte Europa xerará 11 euros de ganancias de Produto Interior Bruto (PIB) por cada euro investido, creara ata 320.000 novos postos de traballo altamente cualificados para 2040 e consolidará o liderado europeo en Investigación e Innovación. O programa está deseñado cunha mentalidade de investimento máis que como un instrumento puramente financiador, e planificarase para axudar á transición da UE cara a un futuro próspero e sostible.

A OTRI pon á disposición dos investigadores os plans de traballo do Horizonte Europa. Ditos plans, estruturados segundo os piares do programa europeo, pódense descargar nos seguintes enlaces/
Programa de Traballo
Piar I: Ciencia excelente
Programa de Traballo
Piar II: Desafíos mundiales e competitividade industrial europea
Programa de Traballo
Piar III: Europa innovadora
Piar I. Ciencia excelente
Piar II. Desafíos mundiales e competitividade industrial europea
- Cluster 1: Saude
- Cluster 2: Cultura, creatividade e sociedade inclusiva
- Cluster 3: Seguridade civil para a sociedade
- Cluster 4: Mundo dixital, industria e espazo
- Cluster 5: Clima, enerxía e movilidade
- Cluster 6: Alimentación, bioeconomía, recursos naturais, agricultura e medio ambiente
- Centro Común de Investigación (JRC)