Espazo de traballo da UDC en Bruxelas

A Universidade da Coruña (UDC), por medio de Vicereitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia (VPCIT), promove colaboracións con entidades afíns tratando de favorecer o desenvolvemento de actividades que contribúan á consecución dos obxectivos establecidos no seu Plan Estratéxico 2013-2020, nomeadamente no que se refire á “Internacionalización da investigación e a transferencia”.

Neste contexto, a nosa Universidade mantén un convenio de colaboración co “Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)” por medio do cal a UDC dispón dun espazo de traballo en Bruxelas, no edificio que acolle a Delegación na cidade do CSIC, ubicado na Rue du Trône 62, 1050, Bruxelas.

Este espazo está dispoñible para a comunidade investigadora de UDC, de xeito totalmente gratuito, tanto para a celebración de reunións, coma para o seu uso ocasional por desprazamentos de traballo a Bruxelas, organización de seminarios ou eventos na cidade, etc.

Neste espazo de traballo, a UDC pon á súa disposición:

  • unha oficina totalmente equipada para o uso do persoal da UDC.
  • áreas de traballo en común.
  • 3 salas de reunión, con capacidade entre 15 e 80 persoas, dotadas de proxectores, pantallas, equipos de videoconferencia, etc.

Se está interesado en facer uso gratuíto deste espazo de traballo, pode consultar o procedemento de solicitude de utilización do espazo de traballo, dispoñible neste sitio web

O prazo de presentación de solicitudes está aberto de xeito continuado.

Persoa de contacto

Martiño Rubal Maseda

T: 881 01 5783

E: otri.europa@udc.gal

Procedemento de solicitude de utilización do espazo de traballo da UDC en Bruxelas

Formulario de solicitude de utilización do espazo de traballo da UDC en Bruxelas