28 XUÑO – XORNADA INFORMATIVA “OS FONDOS NEXT GENERATION EU”

            Simbolo_logo_cor        Science & Innovation Link Office (SILO)

O vindeiro martes 28 de xuño terá lugar, no Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa do Campus de Elviña, unha xornada informativa dirixida á comunidade investigadora sobre o novo instrumento de financiación europea Next Generation EU, impartida pola compañía Science & Innovation Link Office S.L.

O obxectivo da xornada é proporcionar aos asistentes unha visión global sobre os marcos regulamentarios e financeiros aplicables na xestión de expedientes con fondos NGEU, abordando o contexto legal, tipoloxía de instrumentos de financiamento e os procedementos de aprobación e xustificación.

 

Pode consultar o programa na seguinte ligazón:

 

A xornada será tamén retransmitida en streaming. Aqueles asistentes que opten por asistir baixo esta modalidade, recibirán uns días antes un correo electrónico coa ligazón para poder seguir á xornada en formato online.

 

Para poder asistir, tanto presencialmente como de xeito online, as persoas interesadas deberán confirmar a súa asistencia antes do 22 de xuño cubrindo o seguinte formulario: https://forms.office.com/r/0xWs9qXwKJ

 

Pode consultar os materiais empregados na xornada polos poñentes nas seguintes ligazóns:

 

 

 

Actividade financiada pola Xunta de Galicia