As accións Marie Skłodowska-Curie procuran garantir o desenvolvemento óptimo e o uso dinámico do capital intelectual de Europa. A súa principal finalidade é de apoiar a mobilidade, a formación e a mellora do desenvolvemento da carreira profesional de investigadores e investigadoras en todo o mundo, que queiran exercer a súa profesión en Europa./

Procura de Candidatos (MSCA-PF-2023)/
Os investigadores da UDC están a buscar investigadores posdoutorais altamente motivados e talentosos para formar parte dos nosos equipos de investigación. Se estás interesado en solicitar as axudas MSCA-PF-2023, por favor preme no seguinte enlace para consultar as liñas de investigación dispoñíbeis.
A Área de Ciencia Excelente da OTRI ofrece apoio, formación e orientación para investigadores e supervisores dentro desta convocatoria.
Axudas posdoutorais (Postdoctoral Fellowships 'PF')/
Son as equivalentes ás IF (International Fellowships) do antigo programa H2020. Son proxectos individuais de formación e investigación. O seu obxectivo é favorecer a excelencia a través da execución dun proxecto de investigación, mellorando a creatividade e o potencial de innovación de investigadores e investigadoras posuidores xa dun título de doutor, con experiencia non superior aos 8 anos desde a súa tese doutoral.
Existen dúas modalidades:
- European Postdoctoral Fellowships
- Global Postdoctoral Fellowships
Estatus: ABERTA
Data apertura: 13 Abril 2023
Data peche: 13 Setembro 2023
Redes Doutorales (Doctoral Networks, 'DN')/
Son as equivalentes ás ITN (Innovative Training Networks) do antigo programa H2020. Trátase de consorcios para a contratación de doutorandos. Os consorcios deben estar formados por un mínimo de tres entidades independentes. Existen tres tipos de redes doutorais:
- General Doctoral Network
- Industrial Doctoral Network
- Joint Doctoral Network
Estatus: PECHADA
Data apertura: 30 Maio 2023
Data peche: 28 Novembro 2023
Próxima convocatoria: MSCA-2024-DN
Data apertura: 29 Maio 2024
Data peche: 27 Novembro 2024
Intercambios de Staff (Staff Exchanges, 'SE')/
Son as equivalentes ás RISE (Research & Innovation Staff Exchanges) do antigo programa H2020. Defínense como proxectos colaborativos de I+D+i, desenvolvidos a través de intercambios de persoal investigador e innovador entre entidades públicas e privadas (incluidas empresas) de dentro e fóra de Europa.
A finalidade é poder afrontar mellor os retos mundiais globais por medio do intercambio e transferencia de coñecemento e ideas que acheguen a investigación básica ao mercado.
Estatus: PECHADA
Data apertura: 6 Outubro 2022
Data peche: 8 Marzo 2023
Próxima convocatoria: MSCA-2023-SE
Data apertura: 05 Outubro 2023
Data peche: 28 Febreriro 2024
Co-funding programmes (COFUND)/
Trátase da cofinanciación de programas de mobilidade relacionados coa investigación. Son accións dedicadas a cofinanciar esquemas institucionais (propios da entidade), rexionais ou nacionais novos ou preexistentes, para a formación doutoral ou para axudas adicadas á contratación de posdoutorais, cunha vertente internacional.
Existen dúas modalidades de COFUND, para predoutorais e para doutores, sendo obrigatoria na primeira delas que o persoal investigador contratado esté enrolado nun programa de doutoramento.
Estatus: PECHADA
Data apertura: 11 Outubro 2022
Data peche: 9 Febreiro 2023
Próxima convocatoria: MSCA-2023-COFUND
Data apertura: 10 Outubro 2023
Data peche: 08 Febreiro 2024
MSCA & A CIDADANÍA (MSCA & CITIZENS)/
Son as equivalentes ás antigas “European Researchers Night” do programa H2020. Procuran achegar a investigación e a actividade das investigadoras e investigadores a un público xeral, e con iso mellorar o coñecemento sobre o papel que a investigación xoga no desenvolvemento da sociedade e o seu impacto na nosa vida cotiá.
Estatus: PECHADA
Data apertura: 22 Xuño 2021
Data peche: 7 Outubro 2021
Próxima convocatoria: MSCA-2023-CITIZENS
Data apertura: 20 Xuño 2023
Data peche: 25 Outubro 2023