As accións Marie Skłodowska-Curie procuran garantir o desenvolvemento óptimo e o uso dinámico do capital intelectual de Europa. A súa principal finalidade é de apoiar a mobilidade, a formación e a mellora do desenvolvemento da carreira profesional de investigadores e investigadoras en todo o mundo, que queiran exercer a súa profesión en Europa./

As MSCA apoian a investigadores e investigadoras en tódalas etapas da súa carreira, independentemente da súa idade ou da súa nacionalidade, e están abertas a calqueira liña, eido ou disciplina científica, financiando accións individuais ou proxectos colaborativos, asegurando sempre unhas excelentes condicións.

Axudas posdoutorais (Postdoctoral Fellowships 'PF')/

Son as equivalentes ás IF (International Fellowships) do antigo programa H2020. Son proxectos individuais de formación e investigación. O seu obxectivo é favorecer a excelencia a través da execución dun proxecto de investigación, mellorando a creatividade e o potencial de innovación de investigadores e investigadoras posuidores xa dun título de doutor, con experiencia non superior aos 8 anos desde a súa tese doutoral.

Existen dúas modalidades:

  • European Postdoctoral Fellowships
  • Global Postdoctoral Fellowships

Estatus: PECHADA

Data apertura: 12 Maio 2022

Data peche: 14 Setembro 2022

Redes Doutorales (Doctoral Networks, 'DN')/

Son as equivalentes ás ITN (Innovative Training Networks) do antigo programa H2020. Trátase de consorcios para a contratación de doutorandos. Os consorcios deben estar formados por un mínimo de tres entidades independentes. Existen tres tipos de redes doutorais:

  • General Doctoral Network
  • Industrial Doctoral Network
  • Joint Doctoral Network

Estatus: ABERTA

Data apertura: 12 Maio 2022

Data peche: 15 Novembro 2022

Intercambios de Staff (Staff Exchanges, 'SE')/

Son as equivalentes ás RISE (Research & Innovation Staff Exchanges) do antigo programa H2020. Defínense como proxectos colaborativos de I+D+i, desenvolvidos a través de intercambios de persoal investigador e innovador entre entidades públicas e privadas (incluidas empresas) de dentro e fóra de Europa.

A finalidade é poder afrontar mellor os retos mundiais globais por medio do intercambio e transferencia de coñecemento e ideas que acheguen a investigación básica ao mercado.

Estatus: PRÓXIMAMENTE

Data apertura: 6 Outubro 2022

Data peche: 8 Marzo 2023

Co-funding programmes (COFUND)/

Trátase da cofinanciación de programas de mobilidade relacionados coa investigación. Son accións dedicadas a cofinanciar esquemas institucionais (propios da entidade), rexionais ou nacionais novos ou preexistentes, para a formación doutoral ou para axudas adicadas á contratación de posdoutorais, cunha vertente internacional.

Existen dúas modalidades de COFUND, para predoutorais e para doutores, sendo obrigatoria na primeira delas que o persoal investigador contratado esté enrolado nun programa de doutoramento.

Estatus: PRÓXIMAMENTE

Data apertura: 11 Outubro 2022

Data peche: 9 Febreiro 2023

MSCA & A CIDADANÍA (MSCA & CITIZENS)/

Son as equivalentes ás antigas “European Researchers Night” do programa H2020. Procuran achegar a investigación e a actividade das investigadoras e investigadores a un público xeral, e con iso mellorar o coñecemento sobre o papel que a investigación xoga no desenvolvemento da sociedade e o seu impacto na nosa vida cotiá.

Estatus: PECHADA

Data apertura: 22 Xuño 2021

Data peche: 7 Outubro 2021

Próxima convocatoria: Descoñecido