Resolución da convocatoria de acceso ao Viveiro de Empresas Innovadoras UDC 2022

O pasado 25/02/2022 publicouse a convocatoria para cubrir espazos dispoñibles do Viveiro de Empresas co fin de fomentar a cultura emprendedora e facer realidade a creación e consolidación de iniciativas innovadoras. O prazo de presentación de solicitudes finalizou o pasado 01/04/2022.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e reunida a comisión avaliadora do Viveiro de Empresas, apróbase a relación provisional de solicitudes admitidas na convocatoria de acceso ao Viveiro de Empresas da Universidade da Coruña.

Pódese consultar a resolución provisional na seguinte ligazón: