Sesións formativas pasadas/
2ª EDICIÓN CICLO FORMATIVO EN COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
17 OCT - Sesión sobre Redacción de propostas competitivas/
O vindeiro martes 17 de outubro, a Oficina de Captación de Persoal Investigador (OCPI) organiza unha nova sesión de formación no marco do Ciclo Formativo en Competencias Transversais para o persoal de investigación da UDC.
Nesta ocasión, a sesión estará dedicada á ‘Redacción de Propostas’ e terá lugar no Aula de Formación do CUFIE no ESCI (planta -4), de 10:00 a 14:00 horas. O obxectivo principal desta formación é aprender e practicar sobre cuestións de estilo de escritura das propostas e sobre como manexarnos na intersección entre a linguaxe científica e a xornalística.
A sesión será impartida por Eva García Muntión, directora de RTDI Innovation School. Con ela aprenderemos a xestionar os factores críticos de éxito en convocatorias competitivas e traballaremos os instrumentos de estilo que aumentan a ‘readability’ das nosas propostas.
Detalles da Sesión:
• Tema: Redacción persuasiva para preparación de propostas competitivas
• Data: Martes, 17 de outubro
• Hora: 10:00 a 14:00 horas
• Lugar: Aula de Formación do CUFIE no ESCI (planta -4)
2ª EDICIÓN CICLO FORMATIVO EN COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
10 OCT - Sesión sobre Comunicación Oral/
O vindeiro martes 10 de outubro, a Oficina de Captación de Persoal Investigador (OCPI) organiza unha nova sesión de capacitación no marco do Ciclo Formativo en Competencias Transversais para o persoal de investigación da UDC.
Nesta ocasión, a sesión estará dedicada á ‘Comunicación Oral’ e levarase a cabo de xeito presencial na Aula de formación do CUFIE no ESCI (planta -4), de 10:00h a 14:00h. O obxectivo principal desta capacitación é mellorar a efectividade das presentacións como ferramenta de comunicación, centrando a atención no linguaxe oral e a dinámica corporal mentres se fala.
A sesión será dirixida por Eva García Muntión, directora de RTDI Innovation School. Abordaremos as diferenzas entre as presentacións presenciais e en liña, a narración do discurso e como incrementar a bidireccionalidade da comunicación oral.
Detalles da Sesión:
- Tema: Comunicación Oral
- Data: Martes, 10 de outubro
- Hora: 10:00h – 14:00h
- Lugar: Aula de formación do CUFIE no ESCI (planta -4)
26-27 SEP - 2ª EDICIÓN CICLO FORMATIVO EN COMPETENCIAS TRANSVERSAIS/
Durante os días 26 e 27 de setembro, levaranse a cabo as dúas primeiras sesións formativas no marco do Ciclo Formativo en Competencias Transversais para investigadores e técnicos da UDC. A formación terá lugar no Salón de Actos do ESCI (planta -4) de 10:00h a 14:00h. Estas sesións centranse en dous aspectos clave para a actividade científica: Resolución de Problemas e Comunicación de Resultados de Investigación.
Resolución de Problemas (26 de setembro): Nesta xornada combinaremos diversas dinámicas de gamificación dentro dunha serie de actividades de traballo en grupo. O obxectivo principal é aumentar a capacidade creativa dos participantes para formular alternativas de decisión fronte a un problema. Aprenderemos mecanismos para o proceso de proba e erro na avaliación destas alternativas e desenvolveremos experiencia na identificación das variables críticas para unha decisión informada.
Comunicación de Resultados de Investigación (27 de setembro): O segundo módulo de formación enfoquésase en ensinar as claves e mecanismos fundamentais para captar a atención de posibles interlocutores e acadar reciprocidade no proceso comunicativo. Isto é esencial para unha colaboración efectiva cos diversos axentes que conforman o mapa da investigación.
Ámbalas dúas sesións serán impartidas en inglés por Eva García Muntión, directora de RTDI Innovation School, quen conta con máis de 20 anos de experiencia na coordinación e desenvolvemento de proxectos europeos colaborativos de I+D+i.
Para obter máis detalles sobre estas sesións e poder participar nelas, convidámoste a premer nos seguintes enlaces:
13 XUÑ- Aspectos financeiros en Horizonte Europa: Metodoloxía LUMP SUM/
O próximo martes 13 de xuño terá lugar de 10.00 h a 13.00 h no Salón de Actos do Edificio de Servizos Centrais de Investigación do Campus de Elviña unha xornada informativa dirixida á comunidade investigadora sobre a metodoloxía LUMP SUM nos proxectos do programa marco de investigación da Unión Europea “Horizonte Europa”, impartida pola compañía EURO-FUNDING EU PROJECTS S.L.
O obxectivo da xornada é proporcionar aos asistentes unha visión tanto teórica como práctica dos aspectos da metolodoxía LUMP SUM.
Pode acceder ao programa desta sesión e a súa inscrición a través das seguintes ligazóns:
03 MAI - Formación específica sobre as MSCA-PF-2023 (Parte II)/
O vindeiro mércores 3 de maio, de 10:00 a 14:00 celebrarase a segunda das sesións adicadas a incrementar as posibilidades de éxito dos potenciais candidatos da UDC ás Bolsas Postdoutorais MSCA (MSCA-PF-2023), organizadas pola área de Ciencia Excelente e Atracción de Talento da OTRI. A formación será impartida por Francisca Gómez (Innoscope), quen conta con máis de 20 anos de experiencia como avaliadora experta para a Comisión UE.
A sesión terá lugar na aula de formación do CUFIE situada na planta -4 do ESCI, ainda que será retransmitida en directo e accesible posteriormente para todos os interesados.
Cremos que esta formación proporcionará aos candidatos e supervisores unha mellor comprensión dos aspectos clave da convocatoria MSCA PF 2023, e dotaralles de ferramentas para mellorar a calidade das súas propostas.
Pode acceder ao programa desta sesión e a súa inscrición a través das seguintes ligazóns:
26 ABR - Aspectos financeiros en Horizonte Europa/
Pode acceder ao programa desta sesión e a súa inscrición a través das seguintes ligazóns:
24 ABR - Formación específica sobre as MSCA-PF-2023 (Parte I)/
O luns 24 de abril, de 10:00 a 13:00 celbrase en modalidade virtual a primeira das sesións adicadas a incrementar as posibilidades de éxito dos potenciais candidatos da UDC ás Bolsas Postdoutorais MSCA (MSCA-PF-2023), organizadas pola área de Ciencia Excelente e Atracción de Talento da OTRI.
A formación será impartida por Francisca Gómez (Innoscope), con máis de 20 anos de experiencia como avaliadora experta para a Comisión UE. Por favor, consulte o programa para máis información.
Cremos que esta formación proporcionará aos candidatos e supervisores unha mellor comprensión dos aspectos clave da convocatoria MSCA PF 2023, e dotaralles de ferramentas para mellorar a calidade das súas propostas.
20 ABR - Servizos de apoio en Ciencia Excelente e Atracción de Talento/
A Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) organiza unha sesión informativa o xoves, 20 de abril, na que se presentarán os servizos ofertados para a atracción de talento e a promoción da investigación en ciencia excelente.
Durante esta sesión, o noso equipo de expertos presentará unha visión xeral da nosa unidade e os servizos que ofrecemos, cun enfoque especial nos programas crave que apoiamos, como o programa Ramón y Cajal, as convocatorias do ERC e o programa MSCA. Tamén haberá unha sesión de preguntas e respostas para abordar calquera inquietude que os asistentes poidan ter.
A sesión comezará ás 10.00 e terá lugar na aula 3 do CUFIE, localizada na planta -4 do Edificio de Servizos Centrais de Investigación (ESCI).
24 / 25 NOV - Communicating Research Results & Competitive Proposal Writing/
Durante os días 24 e 25 de novembro celebráronse no salón de actos do ESCI dúas sesións formativas adicadas a aspectos esenciais dos proxectos de investigación, como son a Comunicación de Resultados e a Escritura de Propostas.
Ámbalas dúas sesións foron impartidas por Eva García Muntión (RTDI), pechando deste xeito o ciclo de formación en competencias transversais. Eva fixo fincapé na utilización de linguaxe específico e adaptado a cada contexto, detallando tamén o uso de diversas ferramentas e estilos para captar a atención da audiencia.
Pode acceder ao programa destas sesións a través dos seguintes enlaces:
8 NOV - R&I Project Management and Leadership/
O 8 de novembro tivo lugar no salón de actos do ESCI a 3ª sesión correspondente ao ciclo formativo en competencias transversais.
Desta volta a xornada centrouse en aspectos relativos á xestión e liderado en proxectos de I+D. Na sesión participaron membros da comunidade investigadora, así como persoal de xestión dos centros da UDC.
Unha vez máis, Eva García Muntión (RTDI) foi a encargada de dirixir a sesión, empregando ferramentas de gamificación para a posta en práctica dos aspectos centrais da xestión de proxectos.
Pode acceder ao programa da sesión a través do seguinte enlace:
27 OCT - Prototyping ideas for innovation/
No marco do ciclo de formación en competencias transversais organizado pola OTRI, o 27 de outubro celebrouse unha sesión adicada á xeración de ideas de carácter innovador, coa participación de persoal investigador e técnicos da universidade.
A formación foi impartida por Eva García Muntión (RTDI). A xornada centrouse na exploración de metodoloxías para o prototipado de ideas de innovación e na comprensión dos principais compoñentes dunha idea de proxecto e as súas interrelacións.
Pode acceder ao programa da sesión a través do seguinte enlace:
13 OCT - Training on Strategic Technology Watch/
Con data 13 de outubro de 2022, tivo lugar no salón de actos do ESCI unha formación sobre “Vixilancia Tecnolóxica Estratéxica”, dirixida aos investigadores, técnicos e estudantes da UDC.
A sesión foi impartida por Eva García Muntión, directora de RTDI innovation school e coordinadora de varios proxectos europeos. Eva profundizou nos procesos fundamentais da vixilancia tecnolóxica e deu a coñecer algunhas das ferramentas que poden ser empregadas nestes procesos.
Pode acceder ao programa desta formación a través do seguinte enlace:
29 SEP - Preparación propostas exitosas EIC Pathfinder/
O pasado 29 de setembro de 2022, o salón de actos do Edificio de Servicios Centrais de Investigación acolleu unha nova sesión de formación, desta vez orientada á preparación de propostas para a convocatoria europea “EIC Pathfinder”.
A formación foi impartida por Javier Medina, da consultora QiEurope, quen incidiu na importancia de pensar máis aló da compoñente científica como factor de éxito para a consecución de financiación.
Pode acceder ao programa da sesión a través do seguinte enlace:
15-16 XUÑ - Preparación de propostas I+D+i en Horizonte Europa/
Os días 15 e 16 de xuño de 2022 tivo lugar no ESCI da UDC un ciclo formativo dirixido aos membros da comunidade universitaria involucrados en convocatorias do Programa Marco de investigación Horizonte Europa.
A formación, de carácter eminentemente práctico, foi impartida por Javier Medina (QiEurope). A xornada centrouse nas diferencias do programa Horizonte Europa respecto do anterior programa H2020, realizando posteriormente un percorrido pola estrutura das memorias no que se indicaron diversas recomendacións para a escritura de propostas competitivas.
Pode acceder ao programa da sesión a través do seguinte enlace: