Xornada formativa “Patentes, ferramenta chave para a investigación”, organizada pola OTRI da UDC en colaboración coa Oficina Española de Patentes e Marcas.
O principal obxectivo desta xornada é impulsar o uso da información de patentes no mundo universitario, para evitar investigacións redundantes e conseguir deste xeito resultados patentables e transferibles.
- Día: 3 de outubro de 2018
- Horario: de 9:45h a 12:30h
- Lugar: Salón de actos do Edificio de Servizos Centrais de Investigación (campus de Elviña)
Solicítase confirmación de asistencia por medio dun correo electrónico dirixido ao enderezo otri.proteccion@udc.gal antes das 14:00 horas do luns 1 de outubro de 2018.